jueves, 27 de marzo de 2008

"O PORCO"

Vaia titulo pa unha entrada do bolg. Pero a verdade resulta que merquei un porco, si xa sei que a matanza tradicional xa ta prohibida non sei se porque o porco non sufra se por recaudar, bueno eu teño pensado levalo o matadeiro para sacrificalo e digo sacrificalo e non matalo por aquilo de que a palabra parece coma mais suave.
O que ibamos na miña casa sempre houbo gado ata fai uns anos pero con aquilo de que os pais abos vanse facendo maiores e vanse indo todo queda que os novos non queremos saber nada de porcos, vacas, coellos e demais:
Ocerto e que na feira do 28 da vila de Neda merquei un porquiño ca idea de sacrificalo pa o día do patrón que por estas latitudes diselle asi o santo da parroquia.Coido que me estou a estender en aclarar o que xa todos sabemos ou sexa que pasarei o que interesa. Despois de lavar desinfetar e ordenar e poñer en regra o cortello que en outras épocas xa albergara animais semellantes veu o porco pa a casa e pasou a residir no seu novo domicilio;claro que a hora ou hora e media de pechalo dentro o porco estaba na horta. Coño alguen lle escapou o porco, voltei o porco o cortello pero desta volta creo que tardou menos en volver estar na horta. Agora hai que preguntar pa que teñan coidado e non ceiben o animal, resulta que naide abrira a porta. despois da investigacion debida o porco era olimpico e saltaba a porta, collia carreira dende o fondal do cortello e zas que daba cangado cos pes de diante enriba da porta e con bastate esforzo por certo guindabase fora. Solución engadirlle duas taboas por enriva a porta. Bueno ata aqui o de hoxe pero penso seguir relatando a historia do porco. Boa tarde a todos e desfrutade do relato

No hay comentarios.:


 

Copyright 2006| A partires dunha base de GeckoandFly e convertida a blogger 3.0 por Blogcrowds.