miércoles, 21 de febrero de 2007

curriculum vitae




María José Rubio Vidal, conselleira de Sanidade desde o 4 de agosto de 2005, naceu en 1956. É licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela en 1981, e realizou un máster universitario en Xerencia de Áreas Sanitarias na Universidade Complutense (1990-1992).
É inspectora médica do corpo sanitario desde o 87 e foi subdirectora provincial de Asistencia Sanitaria do Insalud de A Coruña entre 1989 e 1990. Entre 1992 e 1994 foi xefa do Servizo de Plans Especiais de Atención Especializada na Dirección Xeral de Organización Sanitaria da Consellería de Sanidade e, no mesmo período, directora da Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia.
Desde 1996 ata 2001 desempeñou o cargo de subdirectora xeral do Programa de Atención Sociosanitaria da Consellería de Sanidade e, desde 2001 ata a actualidade, foi xefa da Unidade de Concertos da Dirección Provincial do Sergas da Coruña. Realizou numerosos cursos, entre os que figuran un curso de Alta Dirección Hospitalaria e outro sobre Fundacións e Xestión de Servizos Sanitarios, realizados na Escola Galega de Administración Sanitaria; así como o Curso para a Xestión Hospitalaria da Escola Nacional de Sanidade-Universidade Johns Hopkins; e o Curso sobre Metodoloxía da Avaliación e Control dos Servizos Hospitalarios da Escola Nacional de Sanidade.
É membro do foro sanitario da Fundación Iniciativas 21 e relatora do capítulo correspondente á situación sociosanitaria e da Asociación de Economía da Saúde (AES).

No hay comentarios.:


 

Copyright 2006| A partires dunha base de GeckoandFly e convertida a blogger 3.0 por Blogcrowds.