miércoles, 21 de febrero de 2007

conselleria de sanidade


Páxina 1 de 4
Gabinete de Comunicación
Edificio Administrativo de San Lázaro
15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981542715 - Fax: 981542927
Correo-e: prensa@sergas.es


INFORMACIÓN AOS MEDIOS
EVOLUCIÓN DO TEMPO MEDIO DE ESPERA A 30 DE SETEMBRO DE 2006

A espera cirúrxica reduciuse nos últimos 12 meses en 19 días (un 13,89 por cento) ao pasar de 137 a 118 días O Servizo Galego de Saúde mantén o seu obxectivo de redución do tempo medio de espera a 31 de decembro de 2006 fixado polo Consello da Xunta de Galicia en 95 días en abril.

O tempo medio de espera para ter unha consulta é de 82 días, fronte as 76 de setembro de 2005.

O número de consultas externas creceu en 46.021 respecto do mesmo
período de 2005 . Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2006.- A evolución do tempo medio de espera para unha intervención cirúrxica no conxunto dos hospitais do Servizo Galego de Saúde reflicte un moderado crecemento logo do descanso estival, pero moito menor ao rexistrado en anos anteriores, e tamén por debaixo das cifras rexistradas a principios de ano, é dicir, no momento en que se puxo en marcha o Plan de Redución de Listas de Espera. Así, a 30 de setembro de 2006 había unha espera cirúrxica no conxunto dos hospitais do Servizo Galego de Saúde reduciuse nos últimos 12 meses en 19 días ao pesar de 137 a 118 días, ou o que é o mesmo, un 13,87 por cento menos. En consultas externas, a demora media é de 82 días, seis máis que na mesma data de 2005, o que supón un incremento do 7,89 por cento. A mellora das cifras con respecto ao mesmo período do ano anterior vese claramente na comparación do número de pacientes que agardaban unha intervención cirúrxica. Así, mentres o 30 de setembro de 2005 esperaban 42.129 pacientes, este ano agardan 36.851, é dicir 5.278 pacientes menos, o que representa unha diminución do 12,53 por cento.

O número de pacientes que esperaban máis de seis meses eran, no ano 2005, 8.298, fronte aos 6.055 que agardaban a 30 de setembro deste ano, o que supón unha redución do 27,03 por cento no número de pacientes en espera.

Gabinete de Comunicación
Edificio Administrativo de San Lázaro
15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981542715 - Fax: 981542927
Correo-e: prensa@sergas.es

No hay comentarios.:


 

Copyright 2006| A partires dunha base de GeckoandFly e convertida a blogger 3.0 por Blogcrowds.