O presidente da Xunta é o terceiro titular autonómico mellor pagado do Estado
Emilio Pérez Touriño, é o terceiro mandatario autonómico mellor remunerado do Estado, tan só por detrás do catalán e do aragonés, se ben ata tres altos cargos do seu Goberno cobrarán por enriba dos 81.760 euros brutos que o presidente percibirá neste 2007.
E agora o comentario
Creo que sobran as palabras en fin algo que se sabe cada ano pero que esquecemos pronto; os supersoldos dos que nos gobernan, Suarez canal tampouco sae mal parado, e supoño que habera outros. Pero o que me ven a testa lendo istas que non son tan novas, xa nos gustaria os galegos ser os terceiros en soldos: Digo a aqueles galegos de a pe que agora mesmo non sei en que posto estaremos, pero seguro que por a cola.
Cumpre decir en favor dos nosos politicos que pelexandose entre eles son dos mellores, que non se poñen colorados por nada e que cando toca darnos a man "digo a man" non un anaco de pan ou un posto de traballo,esbozan o seu mellor sorriso.
Non digo mais cada un de nos creo que temos a nosa propia opinion o repecto; so quero despertar na mente dos mais que pensemos un pouco sbre disto.


No hay comentarios.:
Publicar un comentario