lunes, 9 de mayo de 2011

Xa case non temos traballo

Asi iso queria decir. Esta mañan taba na asemblea dos traballadores da industria auxiliar de Navantia en Ferrol, en fin todos estabamos de acordo nun calendario de mobilizacións para demandar carga de traballo tamen queríamos recoñecernos coma unha soa empresa ahi xa hai maís discrepancias non sei se todo chegara a bo porto que seria ben para todos. Xa veremos se nos ven a intelixencia e deixamos o racismo a un lado.

miércoles, 30 de marzo de 2011

a direccion general de trafico atraca os automovilistas en Fene

Quen nos volve os cartos os que xa pagamos. Pola miña parte que ingresen no concello de Fene eu imcumprin a lei. E a dirección xeral de trafico. Pode saltala ¿quen a vai multar, incumpre por afan recaudatorio? A cuestion e recaudemos que sempre nos quedaran os cartos. Claro que os pobres xuzgannos e nos meten na cadea por roubos menores. ¿Quen e o reponsable? ¿A quen van cesar? Que mais ten que sigan pagando os mesmos. Claro que os traxes de Camps os eres de Andalucia hai que joderse ¿Hay Gadafis en España? A comparación e odiosa PERO CANDO NOS PRIVAN DOS NOSOS DEREITOS ¿podemos ir subindo o liston? ¿A quen votamos nas proximas eleccions donde estan os que non se corrompen? Na politica non. Que mais ten isto non pasa de ser unha arroutada coma outra de outro día primaveral. Aquela canción que decia que se mueran los feos. Agora traducese que paguen os pobres, que se jodan os pobres, que paguen os de sempre, que non sexamos os ricos.


Coidadevos bicos e apertas a todos menos os politicos corruptos deste pais.


Reflexion de un pobre ignorante ou ¿de un ignorante pobre? ¿Cal e a diferencia?





.

lunes, 13 de diciembre de 2010

sergas

Digase seguridade social galega:
Este día fun o médico e claro despois de explicar que me pasa mellor, que me doe,
e de discutir con él por que o meu historial non ta informatizado. Chegamos a conclusión que lle tou pagando a un médico para que faga labores de administrativo.¿Que fan os administrativos nesta comunidade labores de facultativos?.
Sempre falo da saude porque para min xunto con a educación son o mais importante da comedia que nos toca interpretar nesta vida. Este home decia que en sete menutos que lle dan para consultarme alguns son para meter no rexistro informatico as probas que me fan, e claro como escribe coma eu a velocidade da luz e decir con un par de dedos levalle menos tempo meter os datos que unha secretaría. E o soldo pois vostedes veran non sei o que cobra o médico pero si a secretária e sera como tres veces menos que él. En fin cada quen que saque a sua conclusión ¿quen nos goberna? que ben organizan o malo e que cobran de carallo por algo que non fan.

sábado, 16 de octubre de 2010

reforma das pensions en Francia

Queridos traballadores españois:

Os franceses van ca septima xornada de folga pola reforma das pensions y estan falando de incrementar as idade de 60 a 62.
A nos aqui a dreita y o xornalismo independente neste pais tildanos de inconscientes por unha soa xornada de folga en contra da reforma laboral alguns ata din que o dreito a folga hoxe non ten senso. que burros son os franceses que lista adreita española que nos vai convencendo que somos unhos retrogrados si no nos pregamos os seus desexos.
En fin e un pensamento a viva voz de alguen que non entende como co 20 e tantos por cento de parados mais xovenes estamos no momento de incrementar a idade de xubilacion. Aqui ata os 67 a diferencia e grande, a esa idade mais.
Non mereceria todo isto unha folga indefinida.
Nas proximas elecions volverei votar a esquerda.

ISTO QUE NO LO FAGA A ESQUERDA DESTE PAIS PARECE UN DOS MELLORES CHISTE DE CALQUER COMICO.




.

viernes, 15 de octubre de 2010

sin xeito

Di o google que este blog esta escrito en portugues. Xa vemos que os galegos no nos recoñecen o idioma en ningures. a verdade e que estou un pouco decaido non sei nin porque estou poñendo isto sera para desfogarme. Veña saudos.



.

sábado, 18 de abril de 2009

Quencemento global

.

Definitivamente esquenceusenos iso do quecemento. Vai días se cadra algúns meses que xa non aparecen na prensa noticias agoreiras, de que non imos deixar mundo para o futuro das noxas proximas xeracións.
Claro que algún clan deses que fabrican os nosos futuros estes que decidiron rebaixarnos o colesterol a base de crise.(non e a crise a que o rebaxa, nin a falla de traballo, e que o non ter traballo non cobras e si non cobras non comes enton ecuacion resolta). O malo disto e que nos esta aumentando o estres ¿podese morrer de estres? Teremos que asistir no futuro a moitos mortos relacionados ca
BANCA. Eu diria que non ¿seran estes o clan? ¿sera a CIA? se eu o soubera.



.

sábado, 14 de marzo de 2009

Definitivamente era certo era alto rubio e de ollos azuis.
Claro que iso era cando novo agora todo trocou i e de tipo tamaño ou complesion normal, creo que era unha percepcion que tiña. Anque os mais non o viran do mesmo xeito que mais tiña él sentiase asi.
Como o tempo o estraga todo e o converte en normal común pero non vulgar.


.

 

Copyright 2006| A partires dunha base de GeckoandFly e convertida a blogger 3.0 por Blogcrowds.